Actualmente non hai luz contratada. Como solicitar un novo punto de subministración.

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se actualmente non tes luz ou non dispós de contrato de electricidade vixente na túa vivenda ou local, terás que pedir unha nova alta de subministración. O trámite dependerá de se xa coñeces o número CUPS (Código Universal do Punto de Subministración) que facilita a distribuidora da túa zona, ou non.

Como solicitar unha alta de subministración?

Se xa tes o CUPS:

Unicamente deberás encher o formulario de « Contratar a luz» e elixir a opción correspondente para tramitar unha nova alta («Non teño luz actualmente»). Neste caso, o máis probábel é que a distribuidora solicite o certificado ou boletín eléctrico da instalación. Se o tes, engádeo como arquivo adxunto ao encher o formulario.

Se non tes o CUPS:

Será necesario que obteñas o código CUPS. Podes facelo contactando coa distribuidora da túa zona, onde che indicarán os pasos a seguir para obtelo e así poder encher o formulario.

  • Se esta vai ser a primeira vez que haberá luz:

Neste caso, primeiro débese tramitar o chamado expediente de acometida coa distribuidora directamente para obter o CUPS. No final deste artigo hai máis información de como tramitar este expediente.

  • Se é a primeira vez que haberá luz e precisas tramitar un contrato de obras:

Neste caso podes consultar este outro artigo: Como se tramita un contrato de obras e despois se pasa a contrato definitivo?

Custos para tramitar a alta:

Detallámosche os conceptos que cobra a distribuidora para dar de alta un punto de subministración, que se paga a través da factura da comercializadora:

  • Para a alta dun novo punto de subministración que nunca tivo luz ou onde hai máis de tres anos que a subministración eléctrica está de baixa, pagaranse os seguintes conceptos:
    • Dereitos de acceso: 19,70 € / kW (23,84 € / kW co IVE incluído)
    • Dereitos de extensión: 17,37 € / kW (21,02 € / kW co IVE incluído)
    • Dereitos de conexión: 9,04 € (10,94 € con IVE incluído)
    • Depósito de garantía: fixo, depende de cada caso
  • Se hai menos de tres anos que houbo luz, pagaranse os seguintes conceptos:
    • Dereitos de acceso: 19,70 € / kW  (23,84 € / kW con IVE incluído)
    • Dereitos de conexión: 9,04 € (10,94 € con IVE incluído)
    • Depósito de garantía: fixo, depende de cada caso

Documentación necesaria:

Durante o proceso de alta para unha nova subministración podería ser precisa a presentación do certificado ou boletín eléctrico da instalación, unha documentación que certifica que a instalación cumpre coa normativa vixente en materia de seguridade.

Estes documentos emíteos unha empresa electricista autorizada e deben levar o selo do Departamento de Enerxía ou de Industria da Comunidade Autónoma correspondente ou, en caso contrario, ir acompañados da declaración responsábel.

Se xa tes a documentación, podes facérnola chegar no momento de completar o formulario de contratación, como arquivo adxunto.

Como tramitar o expediente de acometida:

As grandes distribuidoras teñen estes sitios para tramitar o expediente de acometida necesario para un punto onde nunca houbo luz:

A continuación podes ver o mapa de localización das grandes distribuidoras neste artigo, pero existen zonas con distribuidoras pequenas e locais.

Para zonas con distribuidoras pequenas e locais:

●      Listaxe de distribuidoras (todas) CNMC

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.