Como podo darme de baixa de socio/a?

En Som Energia pensamos que tan doado e libre debe ser entrar a formar parte da cooperativa como doado e libre debe ser saír, polos motivos que sexa.

Para solicitar a baixa como socio/a, tes que encher o seguinte formulario: Formulario de baixa.

Cando teñamos comprobado todos os datos e despois de revisar que non hai nada pendente (contratos, facturas, investimentos...) devolverémosche os 100 euros de capital social que achegaches cando te deches de alta nun prazo máximo de tres meses, tal e como se establece nos estatutos (o prazo da devolución será de dous meses a partir da data en que o banco fixo o cargo da última factura. No suposto de que a persoa socia non tivese ningún contrato con Som Energia, o prazo será de como máximo dous meses desde a data de petición da baixa).

Para deixar de recibir os boletíns informativos que enviamos periodicamente ás persoas socias debes facer clic en "Darse de baixa", na parte inferior de calquera destes boletíns.

Did this answer your question? Thanks for the feedback There was a problem submitting your feedback. Please try again later.

Still need help? Contactar Contactar