Que hai que saber para tramitar un contrato de obras e despois pasalo a contrato definitivo?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Un contrato de obras é un contrato para a subministración eléctrica específica para tramitar cando se fan obras para unha primeira construción e anteriormente non houbo electricidade.

Que facer?

En primeiro lugar, hai que contactar co departamento de novas subministracións da empresa distribuidora. [1]

Será preciso abrir un expediente de acometida. Para tramitalo, a distribuidora pedirá, como mínimo, o permiso de obras e un certificado eléctrico da empresa instaladora para contrato provisional de obras.

Posteriormente, a empresa distribuidora fará as xestións oportunas e pechará o expediente. Neste punto, facilitará ao usuario o código CUPS correspondente do contrato de obras.

Como tramitar a alta de obras con Som Energia?

Cando dispoñas do código CUPS, haberá que encher o formulario de contratar a luz e deberás achegarnos a documentación necesaria para tramitar a alta. Cando recibas o correo de resumo de datos é moi importante que contestes indicando que se trata dun contrato de obras e a duración prevista das obras.

Neste punto iniciaremos a xestión de alta e iremos informándote sobre o proceso.

Canto custa tramitar un contrato de obras?

A distribuidora cobra os seguintes conceptos a través da nosa factura:

● Dereitos de enganche: 10,94 € (IVE incluído)

● Depósito de garantía: 5 € kW aprox. (Non todas as distribuidoras o cobran)

É importante ter presente que un contrato de obras ten unha duración determinada, por norma xeral a duración prevista das obras, e cando estean rematadas as obras hai que tramitar a alta do contrato definitivo.

Como tramitar o paso dun contrato de obras a un contrato definitivo?

Se tes luz cun contrato de obras e tes que tramitar o cambio a contrato definitivo, o máis recomendábel é que a xestión a faga a comercializadora actual para evitar facturacións erróneas e que se interrompa a subministración. 

Cando rematen as obras, será preciso abrir un novo expediente co departamento de novas subministración da distribuidora. Será preciso presentar como mínimo a cédula de habitabilidade e o certificado da instalación eléctrica.

Unha persoa técnica da distribuidora comprobará que a acometida que chega á túa casa sexa correcta. Se é así, a empresa distribuidora pechará o expediente e facilitarache un novo código CUPS polo contrato definitivo.

Cando teñas o código CUPS do contrato definitivo deberás encher novamente o formulario de contratar a luz para pedir a alta definitiva. É moi importante que contestes ao correo de resumo de datos que recibirás e que indiques que é unha alta definitiva e tramitar tamén a baixa do contrato de obras.

Cando recibamos a solicitude, xestionaremos o trámite e seguiremos informándote do proceso.

A distribuidora dispón de 15 días para facer efectiva a alta desde o momento en que a solicitude está aceptada.

Canto custa tramitar unha alta de contrato definitivo?

A distribuidora cobra os seguintes conceptos a través da nosa factura:

● Dereitos de acceso: 19,70 € / kW (sen IVE)

● Dereitos de extensión: 17,37 € / kW (sen IVE)

● Dereitos de conexión: 9,04 € / kW (sen IVE)

● Depósito de garantía: 5 € / kW (sen IVE) aprox. (Non todas as distribuidoras o cobran)

[1] Os teléfonos de contacto dos departamentos de novas subministracións das principais distribuidoras podes atopalos na parte final deste artigo.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar