Problemas de acceso aos contadores

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

As persoas usuarias dunha subministración teñen dereito a teren acceso ao seu contador.

Se tes problemas de acceso, pode ser por diferentes causas:

  • Se non tes acceso porque vives nunha comunidade veciñal e a porta ou armario dos contadores está pechada, debes preguntar á persoa responsábel ou na administración da finca.
  • Se o problema é o estado en que se atopa a tapa de plástico do contador, debes saber que o mantemento da tapa é responsabilidade da persoa titular do contrato de luz. Neste caso, podes pedir a unha persoa técnica electricista que cha cambie.

En xeral, para abrir a tapa pode utilizarse unha chave universal que podes atopar en calquera ferraxaría.

Still need help? Contactar Contactar