Que posibilidades teñen as administradoras de fincas socias de Som Energia?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
As administradoras de fincas que sexan socias da cooperativa poderán convidar a contratar a luz a todas as comunidades veciñais que xestionen, superando o tope de cinco contratos para convidar que ten cada persoa socia.
Esta posibilidade votouse de xeito afirmativo na Asemblea xeral de 2018.
Así, ademais dos outros dereitos propios das persoas socias da cooperativa, cada administradora de fincas que sexa socia da cooperativa poderá:
- Contratar ao seu nome todos os puntos de luz que precise.
- Convidar a contratar a electricidade coa cooperativa a todas as comunidades veciñais que administre.
- Convidar a contratar a luz con Som Energia a 5 persoas físicas ou xurídicas que non sexan comunidades veciñais.
Se es unha administradora de fincas e queres usar esta opción, debes:
- Asociarte á cooperativa rellenando cubrindo o formulario faite socio/a
- Enviar a seguinte declaración responsábel cuberta e asinada a info@somenergia.coop.
- No momento en que unha comunidade veciñal queira contratar, deberás facilitarlle o teu número de persoa socia de Som Energia e NIF, xa que o precisará para cubrir o formulario de contratación da luz.