Os informes de autoprodución de Infoenergia

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Os informes de autoprodución do servizo Infoenergia analizan cal é o potencial de cada vivenda de autoproducir a súa propia enerxía con instalacións fotovoltaicas e participar nunha compra colectiva de placas de autoprodución, impulsada polo Grupo Local da zona. Tamén dan información sobre a posibilidade de participar no proxecto de autoprodución colectiva Generation kWh.

Estes informes envíanse a todos os contratos domésticos da zona onde estea activa unha compra colectiva. Aquí podes consultar todas as compras colectivas dos Grupos Locais. 

Instalación de paneis fotovoltaicos

Partindo dos teus rexistros horarios de uso de enerxía de 12 meses (eliminando os meses de confinamento) e a radiación solar ao longo do ano na túa rexión climática, calculamos o tamaño da instalación de placas fotovoltaicas que sería máis axeitado ás túas necesidades enerxéticas, así como o custo da instalación modelo chave en man e o aforro anual que se derivaría, tendo en conta a autoprodución directa e a compensación de excedentes.

O informe de autoprodución de Infoenergia é unha análise cunha proposta preliminar. Se tes opción de facer a instalación (ter tellado propio, dispoñibilidade económica, etc.) e inscríbeste na compra colectiva da túa zona, a enxeñaría afinará a proposta con datos sobre a inclinación e orientación do tellado e as súas sombras.

Exemplo dunha parte do informe



Generation kWh

O Generation kWh é un modelo de achegas baseado no retorno enerxético en lugar do retorno financeiro. Coas achegas, a cooperativa constrúe e pon en marcha plantas de produción de enerxía eléctrica de fontes renovábeis. As achegas devólvense ao longo de 25 anos e, durante este tempo, a persoa socia que fixo a achega goza dunha parte de enerxía das plantas de xeración a prezo de custo (tarifa Generation kWh). A cantidade de enerxía a prezo Generation kWh depende da produción das plantas e da cantidade que achegara.

No informe, a partir dos teus datos de uso anual de enerxía, calculamos que achega deberías facer para obter o 70 % da enerxía que precisas, a prezo de custo, mediante o proxecto Generation kWh.

Esta é unha opción especialmente axeitada se non dispós de tellado propio, ou ben as condicións deste non son as óptimas (problemas de sombras, orientación cara o norte, estrutura inadecuada...), ou ben, sinxelamente, para ti agora non é o momento axeitado para facer un gasto económico como o que representa unha instalación fotovoltaica.

Exemplo dunha parte do informe

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar