Que é o servizo da Rede de Empresas Instaladoras (REI)?
| [També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri]
|
Cales son os obxectivos do servizo?
- Avanzar cara á soberanía enerxética favorecendo o uso eléctrico para axudar á descarbonización na túa casa ou na túa empresa, entidade ou organización.
- Acompañarte na transición cara ao autoconsumo. É dicir, queremos que deixes de ser só consumidor/a de enerxía verde e pases a ser tamén produtor/a.
Quen pode gozar deste servizo?
A REI é un servizo exclusivo para persoas, entidades e empresas socias de Som Energia que queiran implantar medidas para avanzaren cara á soberanía enerxética.
Cales son os seus principais beneficios?
- Gozar de descontos: só por seres socia de Som Energia, as empresas da REI ofreceranche un 3 % de desconto nos orzamentos que solicites.
- Gañar seguridade á hora de investir en novas medidas enerxéticas, porque en Som Energia validamos as empresas que forman parte da REI.
- Reducir tempo para buscar empresas instaladoras de confianza expertas en instalacións enerxéticas eficientes.
Cal é o perfil das empresas que forman parte da REI?
Son empresas que demostraron a súa solvencia económica e técnica e que foron validadas por Som Energia. Sabemos que traballan con profesionalidade, prezos xustos e materiais de calidade. Ademais, comparten os nosos valores de transformación do modelo enerxético.
Que servizos ofrecen as empresas da REI?
- Instalacións fotovoltaicas para xerar enerxía renovábel, tanto no ámbito doméstico como en entidades e empresas.
- Instalacións colectivas para que a enerxía xerada se distribúa entre as diferentes vivendas e as zonas comúns.
- Mantemento de instalacións para garantir o rendemento máximo e a durabilidade de calquera sistema fotovoltaico.
- Ampliacións fotovoltaicas para instalar novos paneis.
- Aerotermia e climatización para substituír o gas por unha tecnoloxía limpa e eléctrica.
- Puntos de recarga de vehículo eléctrico adaptados ás necesidades de potencia de cada garaxe ou aparcadoiro.
- Baterías e almacenamento para xestionar os excedentes e aproveitar a enerxía autoxerada en calquera momento do día.
- Sistemas de apoio de enerxía para garantir a subministración eléctrica básica na vivenda ou empresa no caso dun corte na rede xeral.
- Xestión intelixente da enerxía (a través da IA) para decidir o mellor momento para consumir, cargar baterías ou verter excedentes.
Que pasa se xorde algún problema durante o proceso de instalación?
En Som Energia ofrecemos apoio para resolver dúbidas ou para axudar a solucionar calquera incidencia que poida xurdir.
Que teño que facer se estou interesada no servizo?
Só tes que entrar no noso sitio web e cubrir este formulario cos teus datos. Nós encargarémonos de envialos ás empresas da túa zona, que se porán en contacto contigo.
Onde ofrecen servizo as empresas da REI?
O servizo da REI está en fase de expansión e en Som Energia estamos traballando para chegarmos a todas as partes.
-De momento, o servizo ofrece cobertura en toda Cataluña, no País Valenciano, no País Vasco, en Navarra, en Madrid, na Rioxa, en Aragón e en Andalucía.
-Nas Illas Baleares, está dispoñíbel en Eivisa e Formentera.
- En Castela-A Mancha, nalgunhas zonas de Guadalaxara e Toledo.