Que facer se unha factura queda impagada?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

En caso de que a entidade bancaria devolva o recibo dunha factura, esta quedará en estado de impagamento. Se é o teu caso, saberalo porque che enviaremos un correo electrónico no que te informaremos desta devolución.

Como facer o pagamento da factura?

Na sección de facturas da Oficina Virtual, poderás ver se hai algunha factura pendente de pagamento, en cuxo caso aparecerache a opción «Pagar», que te deriva a unha plataforma de pagamento desde onde podes pagar a túa factura mediante tarxeta bancaria.

Se no proceso de pagamento se produce un erro ou non se finaliza, poderás tentalo de novo o día seguinte ou podes contactar connosco a través do correo electrónico cobros@somenergia.coop.

Deixámosche as seguintes ligazóns por se as precisas para acceder á Oficina Virtual:

Outras formas de realizar o pagamento

No mesmo correo onde te informamos da devolución dunha factura, achegámosche un documento de pagamento con código de barras (imaxe inferior). Ten unha validez de 15 días e permite pagar unha na factura na web de CaixaBank, ou ben desde calquera oficina da mesma entidade.

Neste documento hai un resumo da factura, así como os datos que precisas para realizar o pagamento, así como unha ligazón ao portal da entidade bancaria.

a. Pagamento por código de barras vía Internet

Para realizar o pagamento vía Internet, debes entrar na ligazón que hai debaixo do código de barras do documento e encher os campos que che pide na plataforma web.

Desde a web de CaixaBank tamén tes a opción de realizar o pagamento na sección de Pagamento de impostos, multas, recibos e matrículas. Neste caso, debes introducir outros datos que aparecen no documento.

b.     Pagamento por código de barras na oficina de CaixaBank

Podes pagar nunha oficina bancaria desta entidade co documento de pagamento por código de barras (impreso en papel ou ben desde o teu teléfono móbil). Podes xestionalo a través do caixeiro automático ou na atención presencial da oficina.

Ten en conta que ás veces existen limitacións horarias para levar a cabo os pagamentos por este medio.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar