Que hai que ter en conta á hora de contratar a luz para unha comunidade veciñal?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Revisar cales son as mellores condicións de potencia e tarifa do contrato da comunidade pode supor aforros importantes na factura da luz. Para facelo hai que diferenciar se se dispón ou non dun «elemento non interrompíbel» na instalación.
Considéranse «elementos non interrompíbeis» aqueles aparellos que o persoal técnico que emite o boletín ou certificado eléctrico considere, como por exemplo: ascensores, equipos de ventilación forzada en garaxes, grupos de presión de subministración de auga para consumo humano e para extinción de incendios, porta de garaxe eléctrica, etc.
Comunidade CON elementos non interrompíbeis.
Se este é o seu caso, no artigo Puntos de subministración con «elementos non interrompíbeis» explicamos cales son as mellores condicións de contratación:
Comunidade SEN elementos non interrompíbeis.
Nun punto de subministración dunha comunidade veciñal na que non haxa elementos non interrompíbeis (é dicir, non é un problema se non hai subministración durante unhas horas), a potencia para contratar dependerá da potencia dos elementos eléctricos que utilicen en toda a instalación de servizos comúns.
Se este é o seu caso, pode consultar as mellores condicións de contratación neste outro artigo: Cal é a potencia para contratar nunha comunidade sen elementos non interrompíbeis?
Que saibas que para todos os contratos que xa se atopan coa cooperativa dispomos do servizo Infoenergia. Este consiste no envío periódico de informes personalizados para axudar a todas as persoas que teñen contratada a luz con Som Energia a aforrar enerxía e reduciren o gasto económico.