Cal é a potencia para contratar nunha comunidade sen elementos non interrompíbeis?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Nunha comunidade veciñal na que non haxa elementos non interrompíbeis, a potencia para contratar depende da potencia de elementos eléctricos que se utilicen en toda a instalación de servizos comúns, especialmente na escaleira.

Para calcular esta potencia, hai que sumar as potencias dos elementos que se utilizan ao tempo. A potencia para escoller non pode ser inferior a esta suma.

Normalmente, é a suma de todos os elementos de iluminación. Os aparellos como interfonos e de comunicación (antenas, internet, etc.) son elementos que suman moi pouca potencia e son case desprezábeis. Tamén hai que ter en conta elementos de uso puntual como aspiradores ou outros que se conecten a enchufes, e saber cantos deles se usan ao tempo.

Atoparás máis información neste artigo: Como podo saber a potencia que preciso?

Consellos de eficiencia e aforro

  • Axeitar as luces permanentes: poden utilizarse temporizadores ou sensores de presenza e luminosidade para reducir o seu uso. Tamén se pode pasar a tecnoloxía led as lámpadas que máis se utilizan.
  • Manter as lámpadas limpas sen po nin sucidade é importante para dispor de boa luminosidade e tamén alongar a súa vida útil.
  • Ter unha instalación fotovoltaica para autoproducir unha parte da enerxía eléctrica. A nova normativa fai máis atractiva esta opción, xa que prevé a compensación económica polos kWh inxectados á rede e a posibilidade de compartir a enerxía entre diferentes contratos.
Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.