Diferenzas entre achegar ao capital social e participar no proxecto Generation kWh

En Som Energia queremos transformar o modelo enerxético actual e traballamos para lograr un modelo 100% renovábel, sustentábel e participativo. Unha das accións concretas é impulsar proxectos de xeración de enerxía a partir de fontes renovábeis. Creamos opcións de financiamento ou participación directa en renovábeis para facer que as persoas sexan parte activa deste cambio.

Por iso, en Som Energia promovemos varias iniciativas para fomentar a produción de enerxía verde e impulsar o desenvolvemento da cooperativa. Dúas destas iniciativas son o proxecto Generation kWh e as achegas ao capital social da cooperativa.

  • Generation kWh: impulso de produción compartida para xerar electricidade durante 25 anos. A persoa socia fai un préstamo para o proxecto, e este préstamo devólvese (sen xuros) ao longo de 25 anos. Con este diñeiro, Som Energia impulsa novos proxectos de xeración de enerxía verde. Como contrapartida, a persoa socia obterá unha porcentaxe de enerxía a prezo de custo ás súas facturas durante este período de 25 anos. A porcentaxe dependerá da cantidade prestada e a produción destas plantas de xeración. Máis información na web GenerationkWh.
  • Achegas ao capital social da cooperativa: as socias e socios de Som Energia teñen a posibilidade de faceren achegas que poden ofrecer un retorno económico (actualmente do 1,75 %). Esta opción de achega só está dispoñíbel en momentos puntuais, nos que se precisa financiamento para impulsar novos proxectos de xeración de enerxía renovábel e para facer fronte ao crecemento da cooperativa.


Generation kWh
Achegas voluntarias ao capital social da cooperativa
Filosofía do modelo   Xerar enerxía con proxectos colectivos. Facer unha achega económica para proxectos renovábeis e o desenvolvemento da cooperativa.
Os proxectos de xeración Proxectos que pasarán a formar parte do sistema de autoprodución colectiva Generation kWh. Outros proxectos de Xeración la cooperativa.
A natureza da achega Préstamo sen xuros Achega á cooperativa cun xuro anual decidido pola Asemblea Xeral
Cantidade de diñeiro para achegar En función do uso anual de electricidade (consulta a  calculadora) Entre 100 e 100.000 euros
Retorno do préstamo (Generation kWh) ou prazo da achega Durante 25 anos Sen prazo. Renovación anual automática
Cancelación do préstamo (Generation kWh) ou retirada da achega En calquera momento. Som Energia podería aprazar devolver un préstamo se, durante ese mesmo ano, xa se devolveu o 5 % do importe pendente de amortizar.
En calquera momento (hai que avisar con tres meses de antelación). O Consello Reitor podería rexeitar devolver unha achega se, durante ese mesmo ano, xa se devolveu o 10 % do total do capital social.
Vantaxes da participación Retorno anual do préstamo máis electricidade a prezo de custo (parte proporcional). Xuros económicos anuais (fixados anualmente pola Asemblea Xeral).
Fiscalidade O aforro anual obtido (para gozar da tarifa Generation) ten a consideración de rendemento en especie e, polo tanto, aplícase unha retención do 19 % a conta do IRPF. Os xuros aboados teñen a consideración fiscal de rendementos do capital mobiliario na declaración dla renda. Entón, aplícase unha retención do 19 % a conta do IRPF.
Condicións xerais Ligazón
Ligazón 
Formulario de achega Ligazón Ligazón

Máis información sobre o Generation kWh.

Máis información sobre as achegas voluntarias ao capital social.

Did this answer your question? Thanks for the feedback There was a problem submitting your feedback. Please try again later.

Still need help? Contactar Contactar