Generation kWh: está garantido o retorno do diñeiro no transcurso dos 25 anos?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Si, Som Energia garante á persoa ou entidade socia a devolución do capital en 25 anos. 

Som Energia, como calquera outra empresa, podería chegar a entrar en suspensión de pagamentos. Nesta situación, en termos xerais, a orde de pagamento do diñeiro pendente sería: primeiro, as débedas coa Administración; despois, débedas cos traballadores e traballadoras, préstamos e créditos (o Generation kWh está dentro da categoría de préstamos e créditos), títulos participativos, capital social voluntario e, finalmente, o capital social obrigatorio.

Desde a cooperativa recomendamos facer unha achega económica utilizando só o diñeiro que non precises a curto ou medio prazo.

Ten en conta os seguintes aspectos:

  • Trátase de proxectos de enerxías renovábeis, é dicir, proxectos a longo prazo, sometidos a diferentes situacións. As condicións meteorolóxicas varían cada ano e, como inflúen sobre a produción de enerxía eléctrica, podería darse o caso de que nalgún momento a enerxía xerada fose inferior ao previsto, ou que os gastos de mantemento fosen superiores. Isto podería afectar ao prezo da enerxía, que podería ser un pouco superior ao do ano anterior (ver: Como se calcula o prezo da tarifa Generation kWh?).
  • En segundo que proxectos de xeración, os trámites administrativos poden atrasar a posta en marcha. Isto podería implicar que, en lugar de comezar a gozar da tarifa GkWh ao cabo dun ano, fose un pouco máis tarde (ao cabo dun ano e medio, por exemplo). En todo caso, dependería da decisión da Asemblea Xeral. 
  • A vantaxe de optar por un sistema de autoprodución colectiva como este depende tanto dos custos reais de xerar a electricidade nas plantas asociadas como da evolución do prezo de mercado da electricidade. Se sobe o prezo de mercado, será máis vantaxoso participar no Generation kWh, e á inversa.
  • O diñeiro achegado ao proxecto Generation kWh ten a condición de préstamo que fai a persoa ou entidade socia á cooperativa.
  • Se o feito de participar no proxecto Generation kWh supuxo un aforro económico, as persoas participantes deberán pagar a Facenda unha retención a conta equivalente ao 19 % do importe deste aforro. Som Energia avanzará este pagamento a Facenda e, posteriormente, descontarao do retorno anual que fai a cada persoa ou entidade participante.

Ir ao web Generationkwh.org.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar