A achega ao Generation kWh implica un aforro económico?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
O obxectivo principal do proxecto Generation kWh é a xeración de electricidade renovábel colectiva, non é obter un aforro económico. Daquela, a motivación para participar é a de colaborar na xeración de enerxía procedente de fontes renovábeis.
Igualmente, dependendo de como evolucione o prezo da electricidade no mercado, pódese obter un aforro na factura de electricidade grazas ao diñeiro prestado (até agora foi así).
A achega ao Generation é un préstamo gratuíto. O diñeiro achegado devolverase integramente, ao longo de 25 anos. Este retorno non ten ningún xuro aplicado, nin se actualiza o prezo do diñeiro. Segundo evolucione o prezo da electricidade no mercado, a tarifa Generation kWh pode representar un aforro na factura da luz se a comparamos coa tarifa estándar de Som Energia. Este posíbel aforro debe declararse a Facenda e pagar a retención correspondente (en 2020 é do 19 %). Como se fai?
- Anualmente, normalmente en abril, Som Energia envía a todas as persoas participantes un certificado co detalle do importe aforrado o ano anterior e a retención aplicada a este aforro, para que cada un poida facelo constar na súa declaración da renda (quen a presente)*. A retención calcúlase sobre o aforro que supuxo ter a tarifa Generation kWh a respecto da tarifa estándar de Som Energia.
- Som Energia ingresa por adiantado a retención a Facenda.
- Cando a cada participante do Generation kWh lle chegue a amortización annual** (o retorno do préstamo, que se vai facendo ao longo de 25 anos), Som Energia descontaralle a retención de Facenda (que Som Energia xa terá avanzado a Facenda). É dicir, se a alguén lle corresponde que cada ano lle devolvan 40 euros do Generation kWh, cada ano devolveránselle devolverán 40 euros menos a retención sobre o aforro obtido.
* Só se trata de facelo constar na declaración, e isto non implicará necesariamente que se teña que pagar máis a Facenda, xa que xa se terá pagado (a través de Som Energia). As persoas que soliciten o borrador da declaración verán que esta información xa aparece nel.
**O momento en que lle chegue depende do momento en que fixo a achega.