Como se calcula o prezo da tarifa Generation kWh?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
ATENCIÓN!
O proxecto do Generation kWh conseguiu todo o financiamento necesario para sacar adiante as tres plantas de produción de enerxía renovábel previstas. Unha vez conseguido o obxectivo marcado, xa non existe a opción de seguir achegando. O feito de acadar o financiamento necesario (e que, polo tanto, xa non se poidan facer máis achegas) non afecta en nada ás participacións feitas até agora. Podes ler a noticia nesta ligazón.
A tarifa Generation kWh é a tarifa á que teñen acceso as persoas que forman parte da Xeración kWh. Calcúlase en función do custo de xerar electricidade nas plantas dos proxectos.
Dese xeito, os kWh asignados ás persoas que aportaron no Generation kWh teñen un prezo que será equivalente ao custo que ten a xeración da enerxía, o mantemento das plantas e o traspaso á rede.
O custo de xerar a enerxía sitúase actualmente en 0,051 €/kWh. Calcúlase en función dos custos de operación das instalacións asociadas, e inclúe:
- Custos de mantemento.
- Imposto de xeración.
- Custos de xestión.
- Amortización lineal durante 25 anos ou durante a vida útil do proxecto.
A Asemblea Xeral de Som Energia pode acabar de axustar este importe, en función de criterios obxectivos establecidos nas condicións xerais do contrato.
A este custo débenselle engadir os conceptos relacionados coa inxección da enerxía á rede (peaxes de acceso, pagamentos ao operador do sistema e do mercado...). Os prezos de todas estas tarifas atoparalos no apartado de tarifas da páxina web de Som Energia.
O método de cálculo concreto está especificado no Anexo I do contrato.
Na factura, este prezo de custo aplícase á parte de enerxía. Os outros conceptos da factura (impostos, aluguer de contador...) continúan igual.
O prezo da tarifa Generation kWh, pois non é un valor fixo ao longo da vida do contrato, senón que ten pequenas variacións anuais para axustalo á realidade de cada momento. En calquera caso, trátase dun prezo independente das variacións diarias do mercado eléctrico. De feito, esta independencia é un dos piares do proxecto Generation kWh.
Máis información sobre o Generation kWh.