Generation kWh: que acontece se utilizo menos electricidade da prevista? Poderei recuperar a achega?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Se es unha das persoas ou entidades socias que forma parte da Xeración kWh, podería pasar que utilices menos electricidade da prevista. Se nun mes concreto non usas toda a electricidade Generation kWh á que tes dereito, esta acumúlaseche para os meses seguintes. Así, os dereitos enerxéticos poden aproveitarse durante os seguintes 12 meses desde o momento en que se xeraron.
En caso de que acabes por utilizar menos electricidade da prevista, perderás a oportunidade de gozar desta electricidade a prezo de custo ( tarifa Generation kWh). Isto non afecta en absoluto á recuperación íntegra do diñeiro que prestaches.
Estamos traballando para que se poida ver o balance enerxético anual na Oficina Virtual. En todo caso, hai que ter presente que, como persoa ou entidade socia participante do Generation kWh, podes:
- Ceder a outros contratos a enerxía Generation kWh que che sobra.
- Recuperar a totalidade do préstamo pendente de amortizar.
Ceder a outros contratos a enerxía Generation kWh que che sobra.
Ou sexa, podes asignar os teus excedentes de enerxía a prezo Generation kWh a un contrato do que sexas titular ou ben a outros contratos que elixas (sempre que o acepte a persoa titular do contrato que se beneficia). Tamén podes escoller a orde coa que se reparte esta enerxía. Para pedir esta cesión de enerxía Generation kWh a outros contratos ou mudar a orde de prioridade, debes enviarnos un correo a info@somenergia.coop.
Recuperar a totalidade do préstamo pendente de amortizar.
De este xeito, o contrato quedará cancelado e Som Energia devolverache o importe pendente de amortizar.
As Condicións xerais do Generation kWh establecen un máximo anual que Som Energia pode devolver: o 5 % do importe global que a cooperativa ten pendente de amortizar. Se un ano se chega ao 5 % (porque moitas persoas ao tempo pediron recuperar toda a achega), quen solicite a devolución do préstamo despois de chegar a ese punto pode ter que agardar ata o ano seguinte.
Trátase dunha medida de protección para o mesmo Generation kWh; ata hoxe, aínda non se deu o caso. A cancelación anticipada do contrato Generation kWh pode comportar gastos de xestión que se che repercutirán (que en ningún caso superarán o 4 % do importe do préstamo pendente de amortizar no momento da devolución). Para recuperar o importe pendente de amortizar, debes encher o seguinte formulario.