Que é a pobreza enerxética?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
A pobreza enerxética é a situación dunha persoa ou unidade familiar que ten dificultades para pagar as subministracións básicas de electricidade, auga ou gas da súa vivenda, ou que destina unha parte elevada dos seus ingresos a cubrir estes gastos.
As persoas que sofren pobreza enerxética poden obter axudas das administracións públicas (locais e autonómicas), o que lles permite seguir tendo acceso ás subministracións básicas.
Se considerades que vos atopades nesta situación, recomendámosvos que contactedes cos servizos sociais do voso concello; diranvos se podedes acollervos a estas axudas e cales son os pasos que debedes seguir para poder dispor delas.
En Som Energia somos sensíbeis a esta realidade e dispomos dun protocolo coidadoso e preciso para os casos en que unha factura non se poida pagar por este motivo. Así, antes de dar aviso para cortar a subministración eléctrica en caso de impagamento, solicitaremos a Servizos Sociais do concello onde vivides que nos informen de se sodes persoa usuaria ou vos atopades nunha das situacións de risco de exclusión residencial.
A persoa titular do contrato pode acollerse ao mercado regulado (PVPC) onde, no caso de cumprir cos requisitos e as condicións previstas na normativa vixente, poderá solicitar o bono social que se aplicará ás facturas de subministración de electricidade. O bono social unicamente pode ser ofrecido polas comercializadoras de referencia.