Que é o número CNAE?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

A CNAE é a Clasificación Nacional de Actividades Económicas. O número de CNAE permite a clasificación e agrupación das unidades produtoras segundo a actividade que exercen de cara á elaboración de estatísticas.

Onde o podo atopar?

O teu número de CNAE podes consultalo na seguinte ligazón: cal é o teu CNAE?

É preciso que nos informes do teu CNAE no momento de cubrir o formulario de contratación. Este dato precisámolo porque Som Energia, como empresa comercializadora, ten que comunicalo á empresadistribuídora ao realizar unha alta de subministración ou cambio de compañía.

Exemplos de CNAE

Para vivendas é o número 9820.

Outros códigos habituais son:

  • 4711: Comercio polo miúdo establecementos non especializados
  • 5510: Hoteis e aloxamentos semellantes
  • 6820 Alugueiro de bens inmobiliarios por conta propia
  • 8411: Actividades xerais da administración pública
  • 8520: Educación primaria
  • 9499: Outras actividades asociativas non clasificadas anteriormente 

Atención! É importante non confundir o CNAE coa clasificación relacionada co Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), que ten unha estrutura semellante, mais cunha codificación diferente.

Ligazóns relacionadas

Axuda á codificación(Instituto Nacional de Estatística)

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.