Pode contratarse tamén o gas?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Actualmente, en Som Energia só ofertamos a comercialización de electricidade verde certificada (Clase A, 100 % renovable), xa que no mercado eléctrico existe o proceso para certificar a orixe da enerxía pasada á rede.

No mercado do gas, actualmente non está regulada esta posibilidade. Isto dificulta introducir gas de orixe renovable á rede de distribución.

Se temos calquera novidade ao respecto, informaremos puntualmente a todos os socios e socias a través das nosas canles de difusión (web, blog, redes sociais, etc.)

Se queres buscar unha alternativa fóra do oligopolio, a CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia) dispón dunha listaxe de todas as comercializadoras neste enlace.

Se actualmente dispós de subministración de luz e gas unificados nunha mesma compañía comercializadora, non hai problema en contratar só a luz connosco. A subministración de gas queda coa actual compañía.

Enlaces relacionados

Still need help? Contactar Contactar