Un concello pode contratar a luz con Som Energia?
Calquer concello que o desexe pode contratar a luz con Som Energia.
Para que un concello poida contratar a luz con Som Energia debe facerse socio, facendo unha achega de 100 € ao capital social da cooperativa.
As condicións de tarifas son as mesmas que para calquera socio de Som Energia e pódelas consultar na nosa páxina web: Tarifas.
Unha vez o concello xa é socio, só é preciso encher o formulario da páxina web: Contratar a luz, tantas veces como contratos queiran realizar.
Doutra banda, informarvos que Som Energia tamén se presenta a licitacións públicas. Se queredes máis información podedes contactar con admin@somenergia.coop.