Convidar a persoas non socias a contratar a luz con Som Energia
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Unha persoa socia de Som Energia pode ter todos os contratos de luz que queira ao seu nome e ata cinco contratos a nome doutras persoas.
Se queres convidar familiares ou amizades a contrataren a luz con Som Energia a través do teu número de socio/a, só é preciso que lles deas o teu número de socio/a e de DNI. Con estes dous datos xa poderán cubrir o formulario contrata a luz.
Unha vez cuberto este formulario cos seus datos, xa non será preciso que faga nada máis. Desde Som Energia encargarémonos de tramitar o cambio de compañía ou a alta, e nun período de entre unha e dúas semanas xa estará facturando con Som Energia.
A persoa socia vinculada non ten ningunha responsabilidade económica ou legal en caso de impagamento ou fraude en relación con un contrato do que non é nin a persoa titular nin a pagadora. Por outra parte, desde Som Energia agradecemos que a persoa que se convida sexa próxima e de confianza.