Debo ser socio/a para contratar a luz con Som Energia?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Non é preciso. Unha persoa socia pode ter asociados ata cinco contratos de luz doutras titularidades (por exemplo, de familiares ou amizades).
Así pois, se non es socio/a poderás contratar a luz a través doutra persoa que si o sexa.
Para acceder ao formulario de contratar a luz deberás indicar os seus datos (número de DNI e número de socia) e entón xa poderás introducir o resto de datos para poder iniciar a contratación. Na sección "Titular do contrato" preguntarache en primeiro lugar se a persoa titular do contrato seguirá a ser a mesma (é dicir, se o contrato que hai actualmente naquel punto de subministración xa está ao teu nome). A continuación, preguntarache quen queres que sexa a persoa titular e, como por defecto aparecen os datos da persoa socia, deberás mudalos e pór os teus datos.
Do mesmo xeito, animámoste a valorar a opción de facerte socio/a da cooperativa.