Tipo de representación ante a CNMC
| [També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Tal como explicamos neste artigo, a representación de produción é a xestión da venda no mercado eléctrico da enerxía producida por unha instalación no nome do seu titular. A representación lévase a cabo en todas as xestións cos diferentes axentes implicados.
A representación de produción pode ser directa ou indirecta ante a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), segundo o acordo entre o produtor e a representante.
Indirecta
Som Energia encárgase das xestións coa CNMC e recibe deste organismo a retribución para as instalacións que estean acollidas ao réxime retributivo específico. A representante asume os dereitos e as obrigas de carácter económico en relación cos cobros, pagos e garantías de pagamento que traslada ao produtor ou produtora.
Directa
Som Energia encárgase das xestións coa CNMC, pero a retribución específica liquídaa de forma directa a CNMC ao produtor, sempre que a planta dispoña de réxime retributivo específico.