Que é a representación no mercado eléctrico

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

A representación consiste en xestionar a venda no mercado eléctrico da enerxía producida por unha instalación no nome do seu titular.

A representante encárgase de vender a electricidade no mercado grosista e de pagar ás persoas titulares das plantas produtoras en función da súa produción de electricidade, do mesmo modo que a comercializadora se encarga de comprar a electricidade no mercado grosista e de facturala ás súas socias.

Os servizos asociados á representación son os seguintes:

  • Trámites co operador do mercado (OMIE) e co operador do sistema (REE).
  • Trámites coa Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC).
  • Liquidación de retribución específica, no caso de dispor dela.
  • Xestión integral da facturación.
  • Xestión das previsións de produción de electricidade pola venda no mercado.
  • Tramitación de reclamacións de medidas.
  • Atención e apoio aos produtores.
  • Tramitación da expedición e transferencia dos certificados de garantías de orixe (GdO).

A quen vai dirixido

O servizo de representación vai dirixido principalmente a todas aquelas persoas e entidades socias da cooperativa que dispoñan de plantas de produción.

Isto non quere dicir que este servizo lles interese a todas as que dispoñan dunha instalación de xeración de enerxía renovábel. As principais instalacións interesadas en ter un representante de mercado son as seguintes:

ATENCIÓN!

Cómpre ter en conta que as instalacións de autoconsumo con compensación simplificada non teñen que contratar este servizo a ningún representante de mercado.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.