Que debo facer para que Som Energia me represente

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se dispós dunha instalación de produción de enerxía renovábel para vender a enerxía no mercado eléctrico e queres que Som Energia sexa a túa representante, só tes que escribirnos a través do formulario da páxina web ou ao enderezo representa@somenergia.coop y seguir los siguientes pasos:

  1. Solicitude de oferta: pedirémosche as características da túa instalación (localización, tecnoloxía, potencia etc.) e presentarémosche unha oferta.
  2. Contrato de representación: no caso de aceptares a oferta, prepararemos o contrato para que o asines a través dunha plataforma web para a sinatura dixital segura.
  3. Poderes notariais: o cambio de representante require a presentación duns novos poderes notariais ante REE e OMIE, seguindo á exactitude un modelo que che faremos chegar para evitarmos rexeitamentos nos trámites.
  4. Trámites ante REE, OMIE e CNMC: unha vez que recibamos o contrato coa sinatura dixital de ambas as partes, así como os poderes notariais, desde a cooperativa iniciaremos os trámites con REE, OMIE e CNMC. Polo xeral, os trámites adoitan levar arredor dun mes. Manterémoste informada durante todo o proceso até que se faga efectivo o cambio de empresa representante.
Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.