Generation kWh: que facer se cambias de vivenda, local ou titularidade
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Se como persoa ou entidade socia de Som Energia participas no proxecto Generation kWh, debes saber que os dereitos asociados á participación neste proxecto están sempre á túa disposición para que os utilices segundo os criterios que consideres.
Así pois, podes decidir que contrato ou contratos se benefician destes dereitos Generation kWh, xa que os contratos beneficiarios poden estar ao teu nome, pero tamén ao nome doutra persoa ou entidade. Explicámolo aquí.
Cambio de vivenda, local ou punto de subministración e dereitos Generation kWh
Se o teu contrato nunha vivenda, local ou punto de subministración é beneficiario de dereitos Generation kWh e fas un cambio a outro punto de subministración cun enderezo diferente, o novo contrato queda, por defecto, pendente de vincular aos dereitos Generation kWh actuais.
Cambio de titularidade e dereitos Generation kWh
Así mesmo, se dispós dun contrato nun punto de subministración e precisas facer un cambio de titularidade, o novo contrato sobre o mesmo punto de subministración queda, por defecto, desvinculado dos dereitos Generation kWh actuais.
Este caso podería ser un cambio de titularidade entre familiares, por exemplo, ou un cambio debido a modificacións da persoa xurídica, como o caso dunha sociedade limitada que se converta en cooperativa.
Que facer para vincular os dereitos Generation kWh nestes casos
No caso de cambio de domicilio, local ou punto de subministración, e tamén no caso dun cambio de titularidade do contrato, para vincular os dereitos actuais ao novo contrato cómpre ter en conta o seguinte:
- Se o contrato está a nome da mesma persoa ou entidade que participa no proxecto Generation kWh, é necesario que faga a asignación do novo contrato ao seu Generation kWh a través da Oficina Virtual.
- Se o contrato está a nome doutra persoa ou entidade distinta da participante, é necesario que nos escriba un correo a generationkwh@somenergia.coop indicándonos o número de contrato e a prioridade.
Nestes artigos do noso centro de axuda explicamos como facelo:
- Como asignar os dereitos Generation kWh a un contrato?
- Como modificar a prioridade dos contratos con dereitos Generation kWh?
Durante o proceso de cambio de contrato, os kWh iranse acumulando na bolsa de dereitos Generation kWh e non se perderán. Con todo, cómpre ter en conta que os dereitos Generation kWh caducan aos doce (12) meses de se xeraren, polo que vale a pena realizar a xestión para que non se perdan.