Como modificar a prioridade dos contratos con dereitos Generation kWh?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se participas no proxecto Generation kWh, podes asignarlle os dereitos Generation kWh a máis dun contrato, sexan ou non da túa titularidade.

Caso de dispores de máis dun contrato beneficiario, podes marcar prioridades diferentes de xeito que os dereitos Generation se asignen segundo a prioridade que estabelezas. Para modificala, cómpre que entres na túa Oficina Virtual. Se nunca accediches, aquí explicámosche como facelo.

Así que accedas, cómpre que te dirixas ao apartado de Produción, subapartado Generation kWh, e premas sobre a opción de Préstamos e contratos asignados.

Neste apartado poderás modificar a prioridade facilmente premendo nos botóns da esquerda para ir movendo as fileiras cara a arriba ou abaixo:

Logo de faceres os cambios de prioridade, deberás validalos premendo o botón correspondente.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.