Como asignar os dereitos Generation kWh a un contrato?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
O proxecto Generation kWh ofrécelles ás persoas e entidades que participan enerxía a prezo de custe. Pódese dar o caso de que non a empregues toda ou queiras compartila con algún outro contrato, por exemplo. Se queres que un ou varios contratos da túa titularidade reciban os dereitos xerados pola túa achega ao proxecto Generation kWh, debes acceder á túa Oficina Virtual. Se nunca accediches, aquí explicámosche como facelo.
Así que accedas á oficina virtual, cómpre que te dirixas ao apartado de Produción, subapartado Generation kWh, e premas sobre a opción de Préstamos e contratos asignados.
Dentro deste apartado, poderás asignar os novos contratos (tamén da túa titularidade) que queiras que reciban enerxía a prezo Generation kWh. Tes que facelo premendo o botón Asignar contrato novo que se amosa na táboa de contratos asignados.
Sairache unha ventá cos teus contratos, momento no que poderás indicar o contrato ou contratos que queres engadir como receptor dos dereitos Generation kWh:
E xa só che quedará validares o trámite.
Esta opción unicamente permite asignar un ou máis contratos nos que a titularidade é da mesma persoa ou entidade participante do proxecto Generation kWh.
Se queres ceder enerxía Generation kWh a outros contratos de titularidade distinta da túa, envíanos un correo a generacionkwh@somenergia.coop.