Que teño que facer para presentar unha reclamación en organismos externos?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se presentaches unha reclamación a Som Energia (aquí podes ver como facelo) e non estás de acordo co xeito como se resolveu, recomendámosche que poñas unha reclamación administrativa no departamento competente da túa comunidade autónoma. 

Departamento de enerxía de cada comunidade autónoma

É o organismo competente para resolver as reclamacións relacionadas con calidade do servizo, seguridade industrial, contadores de enerxía, peaxes de acceso e todas as relacionadas co contrato de acceso de terceiros á rede (ATR) que teñas subscrito coa empresa distribuidora a través de nós, así como outras temáticas.

A seguir tes a información por comunidades autónomas dos organismos perante os que podes pór a reclamación administrativa, así como o teléfono de contacto para que te poidas informar sobre os medios de presentación. Lembra que sempre podes chamar ao 012 para pedir información.

Comunidade autónoma Organismo Enderezo Como se fai a reclamación Outros
Andalucía Servicio de Industria, Energía y Minas SERVICIO DE INDUSTRIA, ENERGÍA Y MINASc/ Manríquez n.º 214071 Córdoba Tel. 957 001 115

Tel. Información y atención ciudadana 955 063 910

Máis información Guía de tramitaciones de la Junta de Andalucía
Aragón Dirección General de Energía y Minas Edf. PignatelliPaseo María Agustín, 3650071 Zaragoza

Tel. 976 714 000

Máis información
Principado de Asturias Delegación del Gobierno Área de Industria y Energía Pl. de España, 633007 OviedoTel. 984 769 322 Máis información
Illas Baleares Direcció General d'Energia i Canvi Climatic C/ del Calçat, 2A (Polígon Son Valentí)Palma de MallorcaTel. 971 177 706 Máis información
Canarias Consejería de Transición Ecológica y Energía Avda. José Manuel Guimerá, 10Edf. Servicios Múltiples II Planta 1.ª38071 Santa Cruz de Tenerife

C/ Prof. Agustín Millares Carló, 18

Edf. Servicios Múltiples II Planta 4.ª, ala Oeste

35071 Las Palmas de Gran Canaria

Máis información
Cantabria Dirección General de Energía y Minas C/ Albert Einstein, 2, 4.ª plantaParque Científico y Tecnológico de Cantabria39011 Santander

Tel. 942 200 033

Máis información Solicitude
Castela e León Dirección General de Energía y Minas Avda. Reyes Leoneses, 1124008 León Máis información
Castela-A Mancha Dirección General de Industria, Energía y MinasConsejería de Economía, Empresas y Empleo C/ Río Estenilla, s/n45071 ToledoTel. 925 247 631 Máis información
Cataluña Direcció General d'Energia, Seguretat Industrial i Seguretat Minera C/ Pamplona 11308018 Barcelona Máis información
Comunidade Valenciana Servici Territorial d'Indústria, Energia i Mines C/ Gregori Gea, 2746009 ValènciaTel. 963 866 000 Máis información
Estremadura Dirección General de Energía y Minas Paseo de Roma, S/N, Módulo D, 1.ª planta06800 MéridaTel. 924 005 448 Máis información
Galicia Dirección Xeral de Planificación Enerxética e MinasConsellería de Economía e Industria San Caetano, s/n15781 Santiago de CompostelaTel. 881 995 324 Máis información
Comunidade de Madrid Subdirección General de Energía Pl. Carlos Trias Bertrán, 7 4 28020 MADRIDTel. 913 494 687 Máis información
Rexión de Murcia Dirección General de Energía y Actividad Industrial y Minera C. Nuevas Tecnologías, s/n 30005 MurciaTel. 968 362 005 Máis información
Comunidade Foral de Navarra Servicio de Ordenación Industrial, Infraestructuras Energéticas y Minas Parque Tomás Caballero, n.º 1, 5.ª planta31005 Pamplona-IruñaTel. 848 426 467 Máis información
País Vasco Dirección de Industria y Transición Energética Máis información
A Rioxa Servicio de Industria, Comercio y Transición Energética Máis información

* Información da táboa actualizada en maio de 2024

As comunidades autónomas son as que teñen potestade para obrigar as distribuidoras a rectificaren o posible erro que cometesen se finalmente se determina que a reclamación se pronuncia a favor da persoa titular.

Do mesmo xeito, tamén podes presentar reclamacións noutros organismos, mais tes que saber que estes só poden incidir nalgúns casos en concreto.

A seguir explicámolos brevemente. 

Sistema arbitral de consumo

Adicionalmente, na reclamación perante o organismo competente de cada comunidade autónoma, Som Energia está adherida ao sistema arbitral de consumo, que é o instrumento que as administracións públicas poñen ao dispor da cidadanía para resolver de xeito eficaz os conflitos que xorden nas relacións de consumo. Pódese facer chegar calquera conflito en que a persoa consumidora sinta que ten un prexuízo.

Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)

A CNMC pode supervisar as condicións de subministración das persoas consumidoras, velar polo cumprimento da normativa e garantir a transparencia do sector eléctrico, entre outros. Dispón dunha guía informativa para as persoas consumidoras que inclúe un apartado sobre reclamacións. Se consideras que se produciu un cambio fraudulento de comercializadora, podes presentar unha reclamación neste organismo.

Oficina municipal de atención á persoa consumidora (OMIC)

As oficinas municipais de atención á persoa consumidora son servizos municipais de información e asesoramento. Tamén poden ofrecer a tramitación de queixas e reclamacións de persoas consumidoras sobre empresas que prestan servizo no concello, mais non poden tomar decisións vinculantes.

Asociacións de persoas consumidoras

Son entidades de carácter privado. As persoas asociadas poden obter asesoramento en temas de consumo e xestionar as súas reclamacións. Estas asociacións non teñen poder para tomar decisións vinculantes.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar