Como podo recuperar o acceso á Oficina Virtual?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se xa accediches algunha vez á Oficina Virtual, mais non lembras o teu contrasinal, explicámosche como podes recuperalo:

  • É o mesmo que o contrasinal da ferramenta virtual Participa. Se o lembras, tenta acceder á Oficina Virtual cos datos do Participa. 
  • Se non o lembras, vai á pantalla de inicio da Oficina Virtual e, cando che pida os teus datos, fai clic na opción de abaixo: «Esqueciches o teu contrasinal?»

A continuación, debes indicar o teu NIF, CIF ou NIE, marcar o cadro «Acepto a política de privacidade» e facer clic en «Recuperar ou activar».

Pasados uns minutos, recibirás un correo electrónico ao enderezo de contacto que consta na nosa base de datos.

Cando recibas o correo, fai clic na ligazón que hai para restablecer o contrasinal. Na xanela que se che abra, podes escribir o contrasinal que queiras ter a partir dese momento, e premer «Cambiar o meu contrasinal». Este novo contrasinal sérveche tamén para acceder ao Participa.

Lembra que, en calquera momento, podes mudar o contrasinal desde a Oficina Virtual, en «Modificar contrasinal» (no menú de enriba á dereita):

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar