Autoprodución: que pasa se marcha a luz?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Contrariamente ao que poida parecer, se dispós dun sistema de autoprodución conectado á rede e a subministración eléctrica proporcionada pola empresa distribuidora se interrompe, tamén o fai o sistema de autoprodución.
Hai que ter moi presente que, por lei ( RD 1699/2011), en caso de que a liña de distribución quede sen subministración, as instalacións de autoprodución renovábel non poden inxectar corrente á rede para garantir a seguridade das persoas técnicas que actúen nas operacións de mantemento da mesma.
Así, se queres manter a subministración eléctrica na instalación interior do edificio cando se interrompe a luz da rede, hai que telo en conta e adecuar o sistema a esta circunstancia.
Se queres cubrir esta posibilidade, posibelmente deberás instalar baterías de acumulación para dar máis estabilidade ao sistema, aínda que tamén se pode adecuar o sistema para funcionar directamente coa enerxía que xeran as placas. En caso de querer adaptar a túa instalación con esta opción, contacta coa empresa instaladora para estudar as distintas posibilidades existentes no mercado.