O sistema eléctrico e Som Energia

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Funcionamento do sistema eléctrico.

O sistema eléctrico básicamente está formado por catro sectores:

  • A produción: Corresponde a tódalas plantas e centros de xeración de enerxía eléctrica, dende centrais nucleares, termoeléctricas até plantas de biogás ou fotovoltaicas
  • O transporte: Unha vez xerada a electricidade transfórmase para ser transportada polas liñas de alta tensión, propiedade da Rede Eléctrica Española (REE). Esta enerxía chega ás subestacions transformadoras.
  • A distribución: O transporte ségueo realizando a empresa distribuidora, agora por cables de media e baixa tensión até os puntos de subministración. Estas instalacións de transporte son propiedade das empresas distribuidoras
  • A comercialización: A empresa que dá o servizo e factura ao cliente é a comercializadora. Encargada de mercar a enerxía nos mercados maioristas de electricidade.

Como usuario/a podes mudar de comercializadora, pero non de distribuidora (esta é a que hai na nosa zona xeográfica e non se pode escoller).

Som Energia participa tanto na  produción de enerxía como na  comercialización de enerxía renovábel, os dous únicos mercados que se liberalizaron e aos que se pode acceder.

Entidades que regulan o funcionamento do sistema eléctrico

Son entidades que participan na xestión, normativa e regulación do funcionamento do sistema eléctrico:

  • Operador do Mercado Ibérico polo Español(OMIE): xestiona o mercado diario no porto maior (spot) de electricidade da Península Ibérica. Web
  • Operador do Mercado Ibérico polo portugués(OMIP): xestiona o mercado de futuros de electricidade da Península Ibérica. Web
  • Rede Eléctrica Española(REE):
    • Xestiona e opera as liñas de transporte de alta tensión Web
    • É o operador do sistema: equilibrio entre xeración e consumo Web
  • Ministerio de Industria,  Turismo  e Comercio; lexisla e regula o sector eléctrico. Web
  • Comisión nacional dos Mercados e a Competencia(CNMC): Garante a libre competencia e regula tódolos mercados e sectores produtivos da economía de España para protexer aos consumidores. Web  Algunhas das súas funcions son:
    • "Mudanzas de Subministrador": Supervisa os procesos e as comunicacións entre as distintas entidades en mudanzas contractuais Web
    • Certifica a produción mediante enerxías renovábeis e cales dos comercializadores as empregan Web
Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.