Espazos de participación da cooperativa
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
A Asemblea Xeral de Socios e Socias
A Asemblea Xeral de Socios e Socias é o máximo órgano e é o espazo supremo de expresión da vontade social. É convocada polo Consello Reitor como mínimo unha vez ao ano, habitualmente a finais de primavera. Todos os socios e socias teñen o dereito a participar e tomar parte das decisións e acordos que establecen coa súa voz e voto.
Recentemente, grazas ao labor dos Grupos Locais, pódese participar vía videoconferencia das Asembleas Xerais dende multitude de sedes repartidas polo territorio de xeito simultáneo.
No caso de ter que tomar decisións con certa urxencia, o Consello Reitor pode convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria con previa convocatoria a todas as socias e socios coa pertinente antelación.
Para máis información consulta o apartado do blog
Os Grupos Locais
Os Grupos Locais de Som Energia están formados por persoas socias que de xeito voluntario fan que o proxecto de Som Energia tome forma, creza e se arraigue ás diferentes realidades locais de todo o territorio. Os Grupos Locais son a alma da cooperativa e o espazo máis vivo de participación.
Para máis información consulta o artigo: os Grupos Locais de Som Energia
Neste vínculo poderás topar un mapa con todos os Grupos Locais do territorio peninsular, Illas Baleares e Canarias. Tamén toparás tanto un directorio de correos electrónicos de contacto, como as diferentes redes sociais onde participa cada Grupo.
Escola de Setembro
A Escola de Setembro é un espazo de traballo e formación aberto a todos os socios e socias onde se debate e se reflexiona arredor de diferentes temáticas que afectan directamente ao proxecto de Som Energia. O obxectivo do encontro é fortalecer o proxecto e lograr o entendemento entre todos os órganos que deben trazar o rumbo marcado pola Asemblea Xeral.
É tamén un espazo de coñecemento e cohesión entre as persoas que formamos parte do proxecto.
Para máis información podes consultar este vínculo .
Xuntanza de Grupos Locais
A xuntanza de Grupos Locais de Som Energia é un espazo de encontro, coordinación e discusión estratéxica entre os diferentes Grupos Locais que normalmente traballan repartidos polo territorio, o Consello Reitor e o Equipo Técnico.
Faise un seguimento do traballo realizado, compártense experiencias e proxectos e avalíase o estado da cooperativa para dirixir esforzos e repartir tarefas.
Ferramenta Participa de Som Energia
A ferramenta Participa é o espazo virtual da cooperativa que nos permite, ás persoas socias, desenvolver as ferramentas de participación necesarias para nos informar, debater e decidir.