Generation kWh: que representa unha Acción Enerxética?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Cada Acción Enerxética (AE), de 100 €, equivale a unha cantidade concreta de enerxía eléctrica (kWh) en función da produción real das Plantas Asociadas.

A equivalencia entre acción enerxética e a electricidade a recibir anualmente determínase en función da produción real das instalacións renovábeis vinculadas ao Sistema de Autoprodución Colectiva (Generation kWh).

Polo tanto, será un dato axustado á realidade en cada momento: se os proxectos xeran máis ese mes, a proporción mellorará. Se é un día de menos produción, esta produción reducirase. Como na actualidade todos os proxectos son fotovoltaicos, a asignación en inverno é menor e no verán é superior.

Debido a esta característica e ao feito de que a produción real depende tamén da hora do día (por exemplo, nas horas centrais do día, a produción fotovoltaica adoita ser a máxima), tamén depende a súa asignación por tramos horarios, segundo tarifa:

Por exemplo, para o global do ano 2022, a tarifa 2.0TD tivo unha proporción de 166,3 kWh/AE, e a enerxía asignada a cada período foi para P1: 51,8 kWh/AE, para P2: 55,4 kWh/AE e para P3:53 kWh/AE.

Para máis información, o método de cálculo concreto especifícase no Anexo I e Anexo II das Condicións xerais do contrato de adhesión ao proxecto Generation kWh.

Tamén podes consultar este otro artigo do centro de axuda que explica como se calcula o prezo da tarifa Generation kWh.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar