Generation kWh: que representa unha Acción Enerxética?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
ATENCIÓN!
O proxecto do Generation kWh conseguiu todo o financiamento necesario para sacar adiante as tres plantas de produción de enerxía renovábel previstas. Unha vez conseguido o obxectivo marcado, xa non existe a opción de seguir achegando. O feito de acadar o financiamento necesario (e que, polo tanto, xa non se poidan facer máis achegas) non afecta en nada ás participacións feitas até agora. Podes ler a noticia nesta ligazón.
Cada Acción Enerxética (AE), de 100 €, equivale a unha cantidade concreta de enerxía eléctrica (kWh) en función da produción real das Plantas Asociadas.
A equivalencia entre acción enerxética e a electricidade a recibir anualmente determínase en función da produción real das instalacións renovábeis vinculadas ao Sistema de Autoprodución Colectiva (Generation kWh).
Polo tanto, será un dato axustado á realidade en cada momento: se os proxectos xeran máis ese mes, a proporción mellorará. Se é un día de menos produción, esta produción reducirase. Como na actualidade todos os proxectos son fotovoltaicos, a asignación en inverno é menor e no verán é superior.
Debido a esta característica e ao feito de que a produción real depende tamén da hora do día (por exemplo, nas horas centrais do día, a produción fotovoltaica adoita ser a máxima). A asignación por tramos horarios segundo tarifa tamén dependerá:
Por exemplo, polo global do ano 2019:
-
A tarifa 2.0A tivo unha proporción de 167,9 kWh / AE.
-
Na tarifa 2.0DHA, a enerxía asignada a cada período foi para P1: 114,1 kWh / AE e por P2: 53,8 kWh / AE.
Para máis información, o método de cálculo concreto especifícase no Anexo I e Anexo II das Condicións xerais do contrato de adhesión ao proxecto Generation kWh.