Cal é a CNAE que lle corresponde ao meu punto de subministración?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Se o punto de subministración é unha vivenda de uso doméstico, o número é o 9820.
Este CNAE tamén é válido para puntos de subministración de comunidades veciñais ou aparcadoiros.
Outras clasificacións habituais son:
- Comercio polo miúdo en establecementos non especializados → 4711
- Hoteis e aloxamentos similares → 5510
- Alugueiro de bens inmobiliarios por conta propia → 6820
- Actividades xerais da Administración pública →8411
- Educación primaria → 8520
- Outras actividades asociativas → 9499
Se a túa actividade económica é outra, como explicamos máis adiante, podes atopar o teu CNAE no seguinte buscador: táboa do Instituto Nacional de Estatística
Que é a CNAE?
A CNAE é a Clasificación Nacional de Actividades Económicas. O código CNAE permite a clasificación e agrupación das unidades produtoras segundo a actividade económica que exercen, e emprégase para a elaboración de estatísticas.
Como comercializadora de luz, temos a obriga legal de recollermos esta información no momento de realizar unha alta de compañía ou un cambio de compañía e informarmos a distribuidora. Por ese motivo, solicitamos este código no momento de cubrir o formulario de contratación.
Cambios na CNAE e onde atopar a CNAE que che corresponde
Até hai pouco, a CNAE vixente correspondía a unha clasificación do ano 2009. En 2025 cambiou a normativa e desde entón aplícase a nova clasificación CNAE 2025. Podes atopar a CNAE que lle corresponde ao teu punto de subministración na táboa do Instituto Nacional de Estatística.
ATENCIÓN!
É importante non confundir a CNAE coa clasificación relacionada co imposto sobre actividades económicas (IAE), que ten unha estrutura similar pero cunha codificación diferente.
Ligazóns relacionadas
- Axuda á codificación (Instituto Nacional de Estatística)
- CNAE 2025