Un concello pode contratar a luz con Som Energia?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Calquera concello ou administración pública que o desexe pode contratar a electricidade con Som Energia. Hai dous xeitos de facelo: directamente, ou ben por concurso público.

Para que un concello poida contratar con Som Energia mediante unha contratación directa, farase socio da cooperativa facendo unha achega única de 100 euros ao capital social da entidade.

Cando o concello sexa socio, só será preciso encher o formulario de contratación da luz tantas veces como contratos queira realizar.

As condicións de tarifas son as mesmas que para calquera persoa socia de Som Energia. Pode velas na sección de tarifas.

Contratación por concurso público

Som Energia tamén se presenta a licitacións públicas.

Neste sentido:

  • Desde a cooperativa non podemos intervir na elaboración dos criterios para ter en conta nas licitacións, a fin de garantir a máxima imparcialidade no proceso de contratación. Se o facemos, despois, non poderemos presentarnos á licitación.
  • Para incorporar criterios sociais e ambientais nas contratacións públicas, existen outros recursos que se poden utilizar e outras entidades coas que calquera concello ou administración pública interesada pode pórse en contacto:

Condicións de contratación

As condicións específicas para a contratación de concellos e administracións públicas en xeral son:

  • A adxudicación do contrato de subministración debe ser mediante a adxudicación directa ou en adxudicacións de concurso público.
  • Som Energia dará prioridade aos pagamentos mediante domiciliación bancaria. Se non é posíbel, poderase facer o pagamento por transferencia.
  • A duración do contrato será anual e de renovación automática, a menos que se converta dun concurso público; daquela, axustarase á oferta presentada.
  • O concello ou administración pública pode pedir o envío das facturas en formato electrónico. Para formalizar esta posibilidade, será preciso o envío dos códigos DIR ao correo factura@somenergia.coop.

Podes atopar máis información sobre os servizos que ofertamos a administracións públicas nesta sección da web. Se tes algunha dúbida ou consulta específica relacionada con concellos e administracións públicas, podes escribir a admin@somenergia.coop.

Still need help? Contactar Contactar