Como podo mudar a conta bancaria de pagamento das facturas?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Para cambiar a conta bancaria á que se che cargan os pagamentos das facturas, tes que facelo a través da Oficina Virtual de Som Energia. 

Pasos a seguir na Oficina Virtual:

1. Ir ao despregábel da sección «Contratos» (ou ao despregábel do menú lateral) e premer «Modificar datos bancarios»:

2. Rexistrarse (introducir o NIF / CIF e o contrasinal) e seleccionar o contrato que se vai modificar.

3. Na pantalla «Modificar datos bancarios» aparecen dúas opcións: «utilizar outra conta bancaria dada de alta» (se a hai) ou «utilizar unha nova conta bancaria». Hai que escoller unha opción e premer «Cambiar número de conta bancaria»

Importante: cando pidas modificar a conta bancaria, recibirás nuns minutos un correo de confirmación ao teu correo electrónico. Terás que facer clic sobre a ligazón que che enviamos para facer efectivo o cambio solicitado. Se non completas este proceso de validación, os cambios non serán efectivos. A solicitude ten unha validez de 48 horas e, pasado este tempo, se non se validou, deberá volver iniciarse o proceso.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar