Que é unha comunidade enerxética?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

As comunidades enerxéticas son agrupacións de persoas particulares, entidades, administracións públicas locais e pequenas e medianas empresas que se organizan principalmente en cooperativas ou asociacións para transformaren o seu barrio, vila, cidade, comarca ou país impulsando proxectos e accións que leven a comunidade cara a un modelo enerxético 100 % renovábel, inclusivo, democrático e de propiedade colectiva.

Cal é o obxectivo dunha comunidade enerxética?

O obxectivo dunha comunidade enerxética é impulsar a transición enerxética transformadora na súa contorna. A transición enerxética transformadora é o proceso mediante o cal a cidadanía lidera de forma autoorganizada e democrática o proceso de descarbonización e desnuclearización do sistema enerxético que alimenta a nosa sociedade. 

Trátase dun camiño de transición e transformación enerxética e, pola súa vez, social co que se quere conseguir, dunha banda, un sistema enerxético 100 % renovábel, distribuído e responsábel, e, doutra banda, unha sociedade activa e cohesionada arredor dos valores democráticos e de defensa do medio.

Na actualidade, estanse a impulsar novas iniciativas locais en municipios de todo o territorio en forma de cooperativa ou asociación. Moitas destas iniciativas pódelas atopar no mapa de Som Comunitats, desde o cal ti tamén te podes sumar.

Así mesmo, Som Energia somos unha comunidade enerxética e temos o compromiso de promovermos novas comunidades enerxéticas e accións de impulso da transición enerxética e social. Se tes vontade de iniciar unha nova comunidade enerxética ou precisas apoio, propómosche as seguintes canles:

  • Foro: comunidade en liña na cal as comunidades enerxéticas comparten recursos e experiencias e se axudan unhas ás outras para seguiren adiante. Animámoste a entrar para que vexas o que hai e a rexistrarte para poderes participar.
  • Correo electrónico: podes escribir a energia.colectiva@somenergia.coop
Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.