Contratar con pasaporte ou con conta bancaria estranxeira
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Se es unha persoa estranxeira que acabas de chegar e non dispós de número de identidade estranxeiro (NIE) ou non tes ningunha conta bancaria no Estado español, igualmente podes contratar con Som Energia.
Para iso, en ambos os dous casos é preciso tramitalo por correo electrónico. Se é o teu caso, imos precisar que nos envíes, nun primeiro momento, os seguintes datos:
- CUPS
- Enderezo de subministración
- Nomes e apelidos da nova persoa titular
- Enderezo postal
- Correo electrónico de contacto
- Teléfono de contacto (debe ser un número do Estado español)
Tamén debes enviarnos (segundo o caso):
- O número de pasaporte, así como unha copia do documento. Ou ben o NIE ou DNI, en caso de que dispoñas do documento.
- O IBAN ou número de conta bancaria. Se se trata dunha conta bancaria estranxeira, tamén imos precisar o código SWIFT/BIC e o nome da entidade bancaria.
Se se trata dun cambio de titularidade, o correo debes envialo a modifica@somenergia.coop indicando tamén o número de contrato actual.
Se, en troca, se trata dun cambio de comercializadora ou unha alta de subministración, o correo ao que te tes que dirixir é: comercializacion@somenergia.coop.
En ambos os dous casos, responderémosche pedindo os datos complementarios que imos precisar para completar o trámite (aceptación de condicións de contratación, política de privacidade...).
Lembra que os contratos da cooperativa deben ir vinculados a unha persoa ou entidade socia. No artigo seguinte explicamos como contratar a luz con Som Energia, e neste outro como pedir un cambio de persoa titular.