Modificacións temporais de potencia RD18/2022

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

O Real decreto lei 18/2022, que aprobou o 18 de outubro de 2022 o goberno español, establece algunhas medidas temporais dirixidas a empresas e persoas dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (ou asimilable), que estarán vixentes ata finais de Xuño 2024.

Actualización:

Este real decreto-lei foi prorrogado até finais de decembro de 2024. Podédesnos facer chegar a vosa solicitude até o 27 de decembro de 2024.

Por unha banda, elimina a limitación dun cambio de potencia por ano. Ou sexa, poderán realizarse tantos cambios de potencia como se desexe, coa limitación dun cambio de potencia por ciclo de facturación.

Por outra banda, o cambio de potencia implica aboar á distribución os dereitos de acceso e de extensión, mais non se terán que pagar os dereitos de conexión para as modificacións de potencia que foran solicitadas antes do 29 de decembro de 2023. Si que terán que pagar os dereitos de conexión no caso de que sexa preciso realizar algunha actuación no equipo de medida ou contador.

Neste artigo podes atopar máis información sobre os custos que aplican as distribuidoras en determinados trámites, como unha alta de subministración ou unha modificación de potencia, entre outros.

O Real Decreto establece tamén algúns condicionantes a estas medidas:

  • Para as tarifas 3.0TD e alta tensión, mantense o criterio de potencias crecentes, é dicir, a potencia contratada nun período concreto debe ser igual ou superior á do período anterior. Isto significa que:  P1<= P2 <= P3 <= P4 <= P5 <= P6.
  • Non é preciso que as reducións de potencia sexan iguais para todos os períodos: podería ser que a potencia nalgún período non se vexa modificada, ou ben modificacións nas que en determinados períodos aumenta a potencia e noutros baixe.
  • Pódese reducir a potencia de períodos horarios a condición de que a redución non supere a maior redución sobre os períodos que aplican no mes ou meses en que se produce a redución. Exemplo:
    • Unha entidade ou empresa reduce a potencia nun ciclo de facturación con períodos 3, 4 e 6.
    • Concretamente, reduce 50 kW nos períodos 3 e 4 e 100 kW no período 6.
    • Adicionalmente, podería reducir a potencia nos períodos non contidos no ciclo de facturación, 1, 2 e 5, como máximo en 100 kW, respectando o criterio das potencias crecentes.
    • Polo tanto, o período 5 só podería reducirse 50 kW, xa que daquela chegaría a unha potencia de 500 kW, que é a potencia que hai no P4 (co obxectivo de cumprir co criterio das potencias crecentes).
    • E nos períodos 1 e 2 poderá reducir 100 kW, porque esta é a máxima redución aplicada nos períodos do ciclo de facturación.
P1 P2 P3 P4 P5 P6
Potencia contratada 400 500 550 550 550 700
Redución de potencia -50 -50 -100
Potencia contratada despois da redución 400 500 500 500 550 600
Redución de potencia adicional -100 -100 -50
Potencia contratada reducida final 300 400 500 500 500 600

Para acollerte a esta medida, no momento de pedir a modificación de potencia na Oficina Virtual é preciso que achegues a seguinte documentación:

  • As persoas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou asimilábel será necesario que nos acheguen a alta ao RETA ou documentación que acredite a súa situación asimilábel.

●     As empresas deberán achegar este documento asinado.

Neste artigo atoparás a información xeral sobre as modificacións de potencia.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar