Flexibilidade nas modificacións de potencia RDL 7/2026

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

O Real decreto lei 7/2026, aprobado o 20 de marzo de 2026, estabelece algunhas medidas temporais dirixidas a empresas e persoas dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (ou asimilable), que estarán vixentes até finais de 2026.

Dunha banda, elimina a limitación dun só cambio de potencia ao ano. Isto é, poderanse realizar tantos cambios de potencia como se desexe, coa limitación dun cambio de potencia por ciclo de facturación.

Doutra banda, tamén estabelece que o custo do trámite (os dereitos de conexión) será gratuíto para as modificacións de potencia que se soliciten entre o 22 de marzo e o 31 de decembro de 2026. Só haberá que aboar o custo no caso de que sexa preciso substituír o contador ou se requira algunha actuación. No caso de aumentar a potencia máxima contratada, deberanse pagar os dereitos de acceso e extensión correspondentes.

Neste artigo podes atopar máis información sobre os custos que aplican as distribuidoras en determinados trámites, como unha alta de subministración ou unha modificación de potencia, entre outros.

Para te acolleres a esta medida, no momento de pedir a modificación da potencia na Oficina Virtual é necesario que anexes a documentación seguinte:

  • As persoas dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou asimilábel: a alta no RETA ou a documentación que acredite a súa situación asimilábel.
  • As empresas: a seguinte declaración responsábel.

Neste artigo atoparás a información xeral sobre as modificacións de potencia. 

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.