Subministracións esenciais
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Algúns puntos de subministración, especialmente contratos de administracións e organismos públicos, poden ser considerados esenciais e, polo tanto, deben dispor dunha protección especial ao obxecto de que non se poida suspender a subministración eléctrica.
Segundo o artigo 52 da Lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, poderanse subministracións esenciais aquelas que cumpran algún dos seguintes criterios:
1. Alumeado público a cargo das administracións públicas. Non se inclúen os alumeados ornamentais de prazas, monumentos, fontes ou de calquera outro edificio ou sitio de interese.
2. Subministración de augas para o consumo humano a través da rede.
3. Acuartelamentos e institucións directamente vinculados á defensa nacional, ás forzas e corpos de seguridade, aos bombeiros, a protección civil e á policía municipal, salvo as construcións dedicadas a vivendas, economato e zonas de recreo do seu persoal.
4. Centros penitenciarios, mais non os anexos dedicados á poboación non reclusa, así como sedes de xulgados e tribunais.
5. Transportes de servizo público e os equipamentos e as instalacións dedicados directamente á seguridade do tráfico terrestre, marítimo ou aéreo.
6. Centros sanitarios en que existan quirófanos, salas de curas e aparellos de alimentación eléctrica acoplables aos pacientes.
7. Hospitais.
8. Servizos funerarios.
Como notificar unha subministración esencial?
Se es titular dun contrato de luz dun punto de subministración destinado a algún dos usos anteriores, debes comunicárnolo por correo a comercializacion@somenergia.coop, co obxectivo de informar a distribuidora.
A consideración de subministración esencial non exonera do pagamento da facturación.