Dependencia enerxética por motivos de saúde
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
A dependencia enerxética por motivos de saúde é a situación na que se atopan todas aquelas persoas que, para o mantemento da súa saúde, precisan utilizar dispositivos con conexión eléctrica na súa casa. Isto fai que as súas subministracións eléctricas teñan que ser consideradas como esenciais e ininterrompibles. Así pois, estas subministracións eléctricas non poderán ser interrompidas nin por tarefas de mantemento nin en caso de falta de pagamento.
Como notificar unha situación de dependencia enerxética por motivos de saúde?
Para que en Som Energia poidamos ter constancia dunha situación de dependencia enerxética, e tamén poder informar á empresa distribuidora da vosa zona, as persoas que vos atopedes nesta situación podedes enviar o certificado médico que o acredita por correo electrónico a info@somenergia.coop.
Hai que ter en conta que o feito de estar en situación de dependencia enerxética non quere dicir que non se teñan que pagar as facturas da luz. O certificado evita que se corte a subministración por impagamento, mais igualmente se xera unha débeda coa compañía.
Con todo, en caso de que teñades dificultades económicas, podedes dirixirvos aos servizos sociais do voso concello para que analicen o caso. Se se trata de pobreza enerxética, acreditaránvolo e poderedes enviarnos o certificado correspondente para activar, en caso necesario, os protocolos de protección para os colectivos recoñecidos como vulnerables pola lei.
Máis información sobre a situación de dependencia enerxética por motivos de saúde.