Custo dos excesos de potencia para tarifas entre 15 e 50 kW

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

O maxímetro calcula a media de potencia utilizada cada cuarto de hora e, se esta media resulta superior á potencia contratada, aplícase unha penalización.

Esta penalización aplícase ás tarifas 3.0TD e ás tarifas de alta tensión 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD cunha potencia contratada entre 15 e 50 kW.

Esta penalización será o prezo da potencia excedida naquel período concreto polo dobre da diferenza entre a potencia utilizada e a potencia contratada, e aplicarase solamente aos períodos onde houbera o exceso:

[2 x (potencia utilizada – potencia contratada) x prezo do exceso de potencia] x Núm. días da factura / 30

Por potencia utilizada enténdese o valor de potencia utilizada máis elevado de todos os valores mensuais de potencia media cuarto-horaria.

A potencia contratada será a que corresponda a cada un dos períodos de potencia.

Os prezos de exceso de potencia defínense segundo o tipo de tarifa, e toman os seguentes valores:

3.0TD 6.1TD 6.2TD 6.3TD 6.4TD
Prezo do exceso de potencia en euros /kW 1,406400 1,406400 1,406400 1,406400 1,406400

O factor Núm. días da factura / 30 débese a que a facturación polo termo dos excesos de potencia realizarase mensualmente rateando polo número de días que comprende o período de facturación, considerando que o día de lectura inicial está excluído e o día de lectura final está incluído e que os meses son de trinta días, isto equivale a dividir o custo dos excesos entre 30 e multiplicalos polo número de días da factura en concreto.

Still need help? Contactar Contactar