O servizo Infoenergia para entidades e empresas
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
O servizo Infoenergia para entidades e empresas é unha ferramenta de asesoramento personalizado dirixida aoscontratos 3.0TD (que teñen máis de 15 kW de potencia contratada) e de alta tensión (6.1TD, 6.2TD, 6.3TD o 6.4TD) con facturación por maxímetro, e que ofrecemos desde o ano 2020.
É un servizo gratuíto que consiste no envío dun informe anual con información sobre como optimizar o contrato para aforrar na factura da luz. Así pois, ten por obxecto apoderar as persoas usuarias para que poidan pasar á acción mellorando o seu contrato.
No informe analizamos os custos dos últimos doce meses facturados, así como as potencias rexistradas polo maxímetro para ver se é conveniente axustar as potencias contratadas.
No resumo da facturación anual detallamos os principais custos da factura e facemos recomendacións ao respecto:
Na análise das potencias contratadas e estimación do custo anual avaliamos as potencias rexistradas polo maxímetro nos últimos doce meses facturados para identificar cales serían as potencias óptimas neste período, é dicir, as que facilitan que o custo total da potencia (tanto o fixo coma o dos excesos, se os houber) sexa o mínimo.
Tamén elaboramos unha estimación do custo anual da potencia dos próximos doce meses coas potencias actuais e as potencias óptimas. Así pódese valorar facilmente o aforro que pode comportar axustar as potencias contratadas.