Podo ter máis dunha instalación de autoconsumo asociada ao meu contrato?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Aínda que o máis habitual é que un punto de subministración estea conectado a unha única instalación fotovoltaica, a normativa permite que un mesmo contrato reciba a produción de distintas instalacións fotovoltaicas, sempre que sexan do mesmo tipo (con excedente ou sen excedente); porén, a normativa non especifica como se deben xestionar estes casos.

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC) está a traballar para definir a súa aplicación e a adaptación dos sistemas, tanto das empresas distribuidoras de electricidade como das empresas comercializadoras.

En caso de que queiras vincular o teu contrato a dúas instalacións fotovoltaicas, por exemplo, se tes unha instalación de placas no teu domicilio, e ademais queres formar parte dunha instalación de autoconsumo compartido no teu barrio ou localidade, será preciso que te poñas en contacto connosco por correo electrónico a modifica@somenergia.coop.

Debes ter en conta que, até que as distribuidoras adapten os seus sistemas, os trámites para trasladar un contrato á modalidade de autoconsumo poderán ser máis longos do habitual.

A facturación destes contratos estase a realizar agregadamente, ou sexa, o distribuidor envíanos a información dos excedentes que xeran as distintas instalacións de xeito conxunto e, polo tanto, non é posíbel saber cantos excedentes xerou cada unha das instalacións.

Está previsto que a CNMC publique os procedementos definitivos aplicábeis a este caso nos vindeiros meses, polo que durante o ano 2025 deberían aplicarse cambios que facilitarán a xestión e facturación destes contratos asociados a máis dunha instalación fotovoltaica.

Desde a cooperativa agardamos poder atender axeitadamente estes casos canto antes.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar