Por que vexo períodos na factura de indexada?
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Nunha factura con tarifa indexada, pode verse a información da enerxía ou da potencia agrupada por períodos. Isto parece contraditorio co feito de que nunha tarifa indexada non existen «períodos» propiamente ditos, xa que o prezo horario cambia hora a hora, día a día… Iso non é exactamente así.
En todas as tarifas eléctricas se aplican as peaxes e cargos que están definidos por normativa. E non cambian cada hora de cada día (como o prezo da enerxía na indexada), senón que hai establecidos uns importes de peaxes e cargos concretos definidos por períodos. Estes períodos coinciden cos horarios das tarifas períodos que ofrecemos desde a cooperativa.
Ou sexa, unha parte importante do custo da enerxía e potencia depende desas peaxes e cargos que están definidos por normativa e que se agrupan por estes períodos horarios. A normativa obriga a informar do uso enerxético agrupado por cada un dos períodos, polo que aparece deste xeito na factura.
Explicamos como establecemos o prezo en Som Energia neste artigo do Centro de Axuda.
Como se calcula o prezo da enerxía por cada un dos períodos nas tarifas indexadas?
Aínda que nas facturas indexadas amosamos un único prezo para cada período, este está calculado en función de todos os prezos que tivo a enerxía nas diferentes horas do período de facturación en cuestión.
Así, para unha determinada factura, no momento de calcular o prezo da enerxía, para cada período cóllese a media ponderada segundo o consumo de todas as horas de cada un dos períodos por separado dos días que inclúe a factura. A media resultante, multiplicada pola enerxía empregada naquel período, dá o mesmo valor que multiplicar cada consumo polo seu prezo horario e sumar todos os valores de aquel período.