Que é a referencia catastral e onde podo atopala?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Que é a referencia catastral?

A referencia catastral é un código que permite identificar os bens inmobles. Está formado por uns vinte caracteres, e inclúe números e letras. Todos os bens inmobles deben estar rexistrados no Catastro (rexistro estatal) e é desde aí onde se lles asigna a referencia catastral.

Onde podo atopala?

Podes atopar a referencia catastral do teu punto de subministración a través do buscador habilitado na páxina web oficial do catastro. A busca faise introduciendo o enderezo do teu punto de subministración, tanto se é un domicilio como outro tipo de inmóble. Tamén podes atopar a referencia coas coordenadas do punto de subministración ou do código de rexistro único. Ademais, podes ler a referencia catastral no contrato de arrendamento ou de propiedade do inmoble.

País Vasco e Navarra

Se o punto de subministración se encontra en Navarra ou no País Vasco, a procura no buscador oficial non funciona, polo que cumprirá buscar nas páxinas web dos catastros propios:

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.