Boletíns informativos a persoas e entidades socias: como facelo para deixar de recibilos
[També en: català] | [También en: castellano] | [Euskaraz ere eskuragarri] |
Se non se indica o contrario, todas as persoas e entidades socias reciben o boletín informativo. Enviámolo periodicamente coas noticias das últimas semanas e algunha outra información de interese ou servizo. Se non desexas recibir máis estes boletíns, podes facelo desde calquera dos boletíns que recibiras. Terás que facer clic na parte inferior do correo, onde pon «Darte de baja»:
Este feito só fai que deixes de recibir os boletíns, mais non implica deixar de ser socia ou socio da cooperativa. Tampouco implica deixar de recibir correos imprescindíbeis, como o da factura, aviso de cambios de tarifas ou outras informacións que, pola relación contractual ou pola túa condición de persoa asociada, precisamos enviarche.