Como estar ao día das novidades de Som Energia
Se queres estar ao día da actualidade de Som Energia propómosche varias canles que podes utilizar:
- Subscribirte ao blog. Se te subscribes ao blog, recibirás un correo cada vez que publiquemos unha noticia. Para subscribirte, podes facilitar os teus datos nesta páxina ou no lateral do blog.
- Subscribirte á nosa canle de Telegram. É unha canle áxil e rápida de comunicación das noticias da cooperativa.
- Seguirnos en Twitter. Á parte de chiar sobre a actualidade de Som Energia, tamén compartimos outras noticias de interese, dos Grupos Locais, sobre enerxía, cooperativismo, ecoloxía…
- Seguirnos en Facebook. Compartimos as noticias da cooperativa e outras noticias de interese sobre enerxía, cooperativismo, ecoloxía...
- Seguirnos en Instagram. Aquí compartimos imaxes e vídeos en relación coas noticias que publicamos.
- Seguirnos en Linkedin. Compartimos a actualidade da cooperativa e outras noticias de interese sobre enerxía ou cooperativismo e cunha ollada profesional.
Á parte, se es socia ou socio de Som Energia, recibirás periodicamente no teu correo electrónico o boletín que facemos para as persoas e entidades socias, onde te poñemos ao día da actualidade, coas noticias e informacións máis destacadas das últimas semanas. Pulsando nesta ligazón poderás ver un exemplo.